RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A calidade de Bruno Gama e Bicho deciden en Pontevedra o Trofeo Luís Otero

Ambos os equipos saíron ao campo portando unha bandeira galega cun crespón negro en recordo do accidente en Santiago Un gol de Bruno Gama no primeiro tempo e outro xenial de Bicho no segundo decantaron en Pasarón o Trofeo Luís Otero ante


Minuto de silencio antes do comezo

Como é habitual nesta pretemporada, Fernando Vázquez aliñou dous equipos; aínda que Aranzubia e Bruno Gama xogaron o noventa minutos. Non chegaron a saltar ao terreo de xogo os tocados Insua, Lux, Deak e Rudy; e por decisión técnica Assunçao, David e Ze Castro.

O Pontevedra de Nando non se entregou nunca, a pesar da lóxica superioridade deportivista, e mesmo puido empatar o partido na segunda metade nun man a man de Kevin que liquidou Aranzubia. Logo veu a sentenza de Bicho.

Pontevedra: Paco, Adrián, Suso, Pablo, Yago Vázquez, David García, Richi, Iago Paz, Tomás, Tubo e Luismi. Tamén xogaron: Fran Fandiño, David Pérez, Pablo Regueiro, Emilio, Miguel, Caco, Bruno e Kevin.

Deportivo: Aranzubia, Manuel Pablo, Aythami, Kaka, Seoane, Alex, Juan Carlos, Cañi, Bruno, Romay e Luís.

Segundo tempo: Aranzubia, Laure, Uxío, Rochela, Ayoze, Sidibe, Teles, Juan Domínguez, Bruno, Bicho e Dani Igrexas.

Árbitro: Loira Rodríguez.

Incidencias: Os futbolistas dos dous equipos saltaron ao terreo de xogo cunha bandeira galega cun crespón negro. Gardouse tamén un minuto de silencio e os deportivistas luciron un brazalete negro.

Goles: 0-1, m. 27: Bruno Gama; 0-2, m. 83: Bicho, de preciosa vaselina ao porteiro.


Apoio deportivista en Pasarón