RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

A DéporTienda de ABANCA-RIAZOR abrirá este domingo para ofrecer ao deportivismo os trofeos de campión das tres máximas categorías do fútbol español

A DéporTienda de ABANCA-RIAZOR abrirá este domingo, 23 de xuño, cun agasallo para todo o deportivismo. Os afeccionados poderán ver de preto os trofeos de campión das tres máximas categorías do fútbol español e facerse unha foto histórica con eles.

Excepcionalmente, a DéporTienda do Estadio abrirá as súas portas o domingo, véspera de San Xoán, de 11:00 a 17:00h. Os tres trofeos estarán expostos para que todos os deportivistas que o desexen poidan inmortalizarse ao seu lado.

O RC Deportivo é o único club que conquistou o título nas tres primeiras categorías do fútbol español. O Dépor proclamouse campión de Primeira División na Temporada 1999-2000, de Segunda División no curso 2011-2012 e de Primera Federación no presente exercicio.

A categoría de prata tamén viviu éxitos deportivistas en 1961-1962, 1963-1964, 1965-1966 e 1967-1968, pero entón estaba composta por dous grupos e non existía un só campión. Do mesmo xeito, os branquiazuis foron campións do grupo 1 de Terceira División na campaña 1974-1975. Pero a categoría tiña catro grupos e non houbo partidos para definir un único campión.

O RC Deportivo é o único dos 14 campións únicos da terceira categoría (11 de Segunda B entre 2009 e 2019 e 3 de Primera Federación entre 2022 e 2024) que foi campión de Primeira División, por tanto é o único club que pode dicir que conquistou o título nas tres categorías.

/* Bot imbee */