RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

A Fabril busca ante o Verín a súa clasificación para o play off e o Alevín B logra un novo título

  O prato forte na canteira deportivista será mañana domingo. A Fabril busca en Abegondo (18.00, horario unificado en toda a xornada) ante o Verín certificar o seu clasificación para o play off de ascenso a Segunda Div

Para este partido os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.
 
Hoxe sábado gañaron os seus partidos o Xuvenil B e o Alevín B, que se proclamou así campión do grupo 1º da Segunda Fase da Segunda Comarcal.
 
Así pois, a canteira deportivista suma dez títulos esta tempada, tras os conseguidos anteriormente polo Xuvenil B (Liga Nacional), Cadete B (Liga Galega, grupo 1º), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (campión do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once e campión da Primeira Comarcal, grupo A Coruña), Alevín B (campión da Primeira Comarcal, grupo As Mariñas, e campión de Copa),  Benjamín A (campión da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas) e Benjamín B (campión da Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas).
 
Pola súa banda, o Alevín A participa na Arousa Fútbol 7, un espectacular torneo de base en Vilagarcía de Arousa, no campo da Lomba.
 
Varios partidos da canteira deportivista adiantáronse ao fin de semana. Así, o Cadete A, xa subcampéon liga, gañou o pasado mércores en Abegondo á Vitoria (3-0). O xoves, a quenda foi para o Cadete B, campión da liga Galega desde o pasado sábado. Derrotou ao Viveiro tamén por 3-0.
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:
 
Terceira División
 
FABRIL - VERÍN, o domingo 8 de maio ás 18.00 en Abegondo
 
Categoría Xuvenil
 
Liga Nacional: XUVENIL B 6 (Rivera -2-, Rubi, Mosquera, Boedo e Porrúa) - URAL 2
 
Categoría Cadete
 
División de Honra, xogado o pasado mércores: CADETE A 3 (Óscar Lorenzo, Vermello e Kilian) - VITORIA 0
 
Liga Galega, grupo 1º, xogado o pasado xoves: CADETE B 3 (Julián e Pichu -2-) - VIVEIRO 0
 
Categoría Infantil
 
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A - LUGO, o domingo 8 de maio ás 11.00 en Abegondo (campo 7)
 
Categoría Alevín
 
Arousa Fútbol 7
 
Primeira Fase
Venres 6 de maio
HOUSTON DYNAMO 2 - ALEVÍN A 2 (Hugo e Iván)
ALEVÍN A 0 - FC BARCELONA 2
ALEVÍN A 0 - FC O Porto 1
 
Sábado 7 de maio
CD CUATROVIENTOS 0 - ALEVÍN A 1 (Iván)
 
Fase de Consolación
Domingo 8 de maio
12.50: ALEVÍN A - LANZAROTE
 
Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º: LUÍS CALVO D 0 - ALEVÍN B 14 (Marco Baña -4-, Noah -3-, Meki -2-, Carlos, Marco Castro, Javi, Yago e un futbolista rival en propia meta)