RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

A Fundación RC Deportivo e a Universidade da Coruña asinan un importante acordo de colaboración para os próximos 4 anos

O RC Deportivo, a través da súa Fundación, e a Universidade da Coruña asinaron na Sala Calvet da sede social do Club na Praza de Pontevedra un ambicioso convenio de colaboración que se prolongará durante os próximos 4 anos.

Alvaro García Diéguez, Presidente deportivista, e Ricardo José Cao, Reitor da UDC, selaron o acordo entre as dúas institucións.

A Fundación RC Deportivo ten entre os seus obxectivos "o fomento de actividades deportivas, culturais e sociais, eliminar barreiras excluíntes e contribuír a unha sociedade máis xusta e igualitaria; o fomento da educación e dos principios pedagóxicos do deporte; e contribuír á innovación tecnolóxica mediante a procura de novas ideas que poidan colaborar ao crecemento do sector deportivo".

Así pois, ambas as entidades consideran conveniente afianzar a súa colaboración académica e científica establecendo os instrumentos adecuados.

O convenio recolle os seguintes puntos:

-Facilitar o intercambio por tempo limitado de profesionais, profesores e investigadores

-Establecer novos convenios de colaboración con distintas facultades da UDC para a realización de prácticas curriculares e extra curriculares

-Supervisión a cargo dos profesionais da Fundación RC Deportivo de Traballos de Fin de Grao (TFG) de alumnos

-Impartir formación en fútbol

-Realización de posgraos en avances do adestramento en fútbol e en deportes de equipo

-Colaboracións coa "Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial"

-Impulso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e da dixitalización

-Participación no consorcio de mobilidades Erasmus xunto con outras institucións educativas

-Favorecer proxectos e programas de investigación e desenvolvemento bilaterais e multilarales

-Asesoramento mutuo

-Intercambio de libros, publicacións e materiais de investigación e docencia

 

 

/* Bot imbee */