RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA, co Fabril o sábado ás 18:00 en Langreo

Nova fin de semana de competicion en ANOSACANTEIRA con epicentro no Estadio Novo Ganzábal de Langreo onde competirá o Fabril o sábado 15 de febreiro a partir das 18:00 horas.

Os fabrilistas caeron a pasada fin de semana ante o oficio do CD Numancia e buscan recuperar eses 3 puntos ante un rival que suma un punto máis na clasificación.

Tamén o sábado 15, ademais do Fabril FC Alevín e os dous equipos benxamíns, xogan en casa o Cadete (10:45, Abegondo) ante o Rápido de Bouzas, o San Tirso SD Cadete (12:15, O Monte) fronte ao RC Celta e o Infantil (12:45, Abegondo) ante o CD Areosa.

Completa a xornada do sábado o choque ás 16:00 en Salceda de Caselas do San Tirso SD Infantil fronte ao Escola Fútbol DSF.

Quedan para o domingo 16 os partidos dos xuvenís: o A en Gijón ante o Sporting (16:00) e o B de Liga Nacional en Pontevedra ante o AJ Lérez (12:00).

Toca descanso esta fin de semana para o Alevín A en o grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
23ª xornada: UP LANGREO - FABRIL, o sábado 15 de febreiro ás 18:00 no Estadio Novo Ganzábal
Clasificación: ... 5. Salamanca CF UDS, 34 puntos; 6. Marino de Luanco e UP Langreo, 31 puntos; 8. Fabril (un partido menos) e Real Valladolid Promesas, 30 puntos; 10. Coruxo FC, 28 puntos...

Categoría xuvenil
21ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o domingo 16 de febreiro ás 16:30 en Mareo
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 52 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 51 puntos; 3. Sporting de Gijón, 39 puntos...

21ª xornada: AJ LÉREZ - XUVENIL B, o domingo 16 de febreiro ás 12:00 no campo Manolo Barreiro (Pontevedra)
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 52 puntos; 2. Xuvenil B (un partido menos), 46 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 39 puntos...

Categoría cadete
20ª xornada: CADETE - RÁPIDO DE BOUZAS, o sábado 15 de febreiro ás 10:45 en Abegondo (campo de céspede artificial)

Amigable (martes 11 de febreiro): SAN TIRSO SD CADETE 6 (Jurgen -2-, Pablo Vara, Yerobe, Iago Varela e José Quiroga) - VIVEIRO CF 0
20ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - RC CELTA, o sábado 15 de febreiro ás 12:15 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 57 puntos; 2. Cadete, 52 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 39 puntos... 6. San Tirso SD Cadete, 32 puntos... 16. Rápido de Bouzas, 11 puntos...

Categoría infantil
Amigable (hoxe mércores): INFANTIL 3 (Iago -2- e Jaime) - BERTAMIRÁNS FC 2
18ª xornada: INFANTIL - CD AREOSA, o sábado 15 de febreiro ás 12:45 en Abegondo 
18ª xornada: ESCOLA FÚTBOL DSF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 15 de febreiro ás 16:00 no campo Penedo Redondo (Salceda de Caselas)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 49 puntos; 2. RC Celta, 48 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 38 puntos... 6. San Tirso SD Infantil, 27 puntos... 13. Escola Fútbol DSF, 16 puntos... 15. CD Areosa, 8 puntos...

Categoría alevín
15ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - OZA JUVENIL SD, o sábado 15 de febreiro ás 11:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Alevín A (un partido máis), 39 puntos; 2. Ural Español CF, 27 puntos; 3. Fabril FC Alevín (un partido máis), 23 puntos; 4. CD Calasanz e Victoria CF (un partido máis), 22 puntos... 9. Oza Juvenil SD, 3 puntos

Categoría benxamín
15ª xornada: VICTORIA CF - BENXAMÍN A, o sábado 15 de febreiro ás 10.00 na Torre (campo 2.2)
15ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ORILLAMAR SD, o sábado 15 de febreiro ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 42 puntos; 2. Fabril FC Benxamín, 36 puntos; 3. Ural Español CF, 33 puntos... 5. Victoria CF, 24 puntos... 9. Orillamar SD, 5 puntos...