RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B ante o Real Racing Club o domingo 19 en Cantabria

O partido do Dépor ABANCA B ante o Real Racing Club correspondente á 7ª xornada en Segunda Federación e previsto para o domingo 19 ás 12:00 en Astillero (Cantabria) é o partido máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

As racinguistas marchan no grupo de cabeza con 4 puntos de vantaxe sobre As Nosas.

Causa baixa segura Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 de cara ao Mundial da categoría que arrinca este domingo.

Completan a xornada do domingo os partidos na Torre do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria FC (12:30) e do Orzán SD Xuvenil fronte á SD Antas (16:00).

Na xornada do sábado a quenda é para as cadetes (18:00 en Cambre) e para as infantís na Torre (17:00) o A e en Rois o B (17:00).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
7ª xornada: REAL RACING CLUB - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 12 de outubro ás 12:00 no campo de La Planchada (Astillero, Cantabria)
Clasificación: ... 3. Real Racing Club, 14 puntos; 4. Real Sociedad B, 13 puntos; 5. Sporting de Gijón, 11 puntos; 6. Deportivo ABANCA B e Madrid CFF B, 10 puntos; 8. Burgos CF, 8 puntos...

Tercera Federación
5ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - VICTORIA FC, o domingo 19 de outubro ás 12:30 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 3. PM Friol, 8 puntos; 4. Lóstrego CF e Orzán SD Sub-21, 7 puntos; 6. Victoria FC, 6 puntos...

Primera Autonómica
5ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SD ANTAS, o domingo 19 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 6. SD Antas e Atlético Villalonga FF B, 7 puntos; 8. Xallas FC, CD Arenteiro e Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 11. SR Calo, 4 puntos...

Liga Galega cadete
3ª xornada: SPORTING CAMBRE - ORZÁN SD CADETE, o sábado 18 de outubro ás 18:00 no campo Dani Mallo

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - SILVA SD, o sábado 18 de outubro ás 17:00 na Torre (campo 3)

Grupo 2º, 3ª xornada: CD ROIS - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 18 de outubro ás 17:00 no campo da Braña (Rois)