RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA que hoxe abriron os triunfos do Xuvenil B e San Tirso SD Cadete en amigables ante a selección galega

Dous amigables hoxe mércores en Abegondo abriron o calendario de partidos esta semana en #ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B (na foto da noticia), líder destacado da liga Nacional con pleno de vitorias até o momento, venceu (5-2) á selección galega sub-16.

Formaron co combinado galego os cadetes branquiazuis Rodrigo, Gabri, Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Leandro e Miguel de Labra; ademais de Mauro e Samba, do San Tirso SD Cadete.

Pola súa banda, o San Tirso SD Cadete da División de Honra dobregou (6-1) á selección galega sub-14.

En Galicia se alienaron os infantís branquiazuis Nikolay, Sergio Cortizo, Rául e Esteban Ruiz; aos que houbo que sumar a Antón Vilariño e Hugo Ferreiro, do San Tirso SD Infantil.

Xa a fin de semana, os dous equipos alevíns e os dous benxamíns inician a liga en Primera A Coruña de fútbol 8.

Esta primeira parte da competición será de liga todos contra todos a dobre volta. O tres primeiros de cada grupo pasan á seguinte fase do Campionato Galego.

Ademais destaca da fin de semana o partido do Fabril, de novo en Abegondo, ante o Racing Villalbés, o domingo 29 de outubro ás 12:00 (Youtube RC Deportivo).

Os fabrilistas veñen de rabuñar tamén na Cidade Deportiva un punto con sabor a vitoria (0-0) ante o líder Zamora CF.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva para o partido.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar o aforamento. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá xoves ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Antes, na xornada do sábado, un Deportivo ABANCA B xa asentado no grupo de cabeza de Tercera Federación FutFem, recibe ás 16:15 ao Sporting de Gijón B.

Será baixa no equipo que dirixe Óscar Orro Elena Vázquez, que hoxe mércores coa selección española sub-17 disputou como titular ante Bosnia Herzegovina o primeiro partido da Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa.

Ademais xogan en Abegondo o Cadete ante o Atlético Coruña Montañeros CF (11:00) e a Infantil fronte ao Pabellón Ourense CF (12:00), cos dous equipos branquiazuis á fronte da División de Honra.

Tamén en casa compite o San Tirso SD Cadete, neste caso no Monte ante o ED Val Miñor Nigrán (12:15).

Como visitantes na xornada sabatina, o Orzán SD Cadete Femenino, invicto na Liga Galega, visita á Escuela FB Amistade en Valdoviño (12:00 no Municipal de Mourente); e o San Tirso SD Infantil ao Victoria CF na Coruña (10:00 na Grela 1).

O domingo 29, ademais do citado partido do Fabril, xogan os dous equipos xuvenís: o A en Abegondo ante o Bansander (12:00) co sabor amargo da derrota da fin de semana no campo do CD Covadonga; e o B en Coles (Ourense) ante o UD Ourense (12:00).

Os partidos do Orzán SD Xuvenil Femenino (ás 16:00 en Cambre), do Orzán SD Infantil A Femenino contra o Orzán SD Infantil B Femenino (18:00 na Torre), e o do Orzán SD B sub-16 Femenino ante o Silva SD (20:00 na Torre) pechan a xornada da fin de semana.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SPORTING DE GIJÓN B, o sábado 28 de outubro ás 16:15 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF e Lóstrego CF, 19 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 18 puntos; 4. Olímpico de León, 16 puntos; 5. Sárdoma CF, 15 puntos... 9. Sporting de Gijón B, 9 puntos...

7ª xornada: SPORTING CAMBRE - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 29 de outubro ás 16:00 no campo Dani Mallo (Cambre)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Orzán SD Xuvenil Femenino, 15 puntos; 2. Bergantiños CF, Tomiño FC Femenino e SD O Val, 13 puntos; 5. Sporting Cambre, 12 puntos...

6ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - SILVA SD, o domingo 29 de outubro ás 20:00 horas na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 9. Orzán SD B sub-16 Femenino e UD Santiso FC, 5 puntos; 11. UD Carral, SD Antas e Silva SD, 4 puntos...

6ª xornada: ESCUELA FB AMISTADE - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, o sábado 28 de outubro ás 12:00 no Municipal de Mourente (Valdoviño)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 15 puntos; 2. Victoria CF, Escuela FB Amistade e SD O Val, 12 puntos...

6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o domingo 29 de outubro ás 18:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 15 puntos; 2. Victoria CF e Racing de Ferrol, 12 puntos... 14. Orzán SD Infantil B Femenino e SD Torre, 0 puntos

Categoría xuvenil
9ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 29 de outubro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 2. Real Oviedo e SD Compostela, 19 puntos; 4. Real Racing Club, 15 puntos; 5. Xuvenil A e CD Choco, 14 puntos; 7. Sporting de Gijón, Arosa SC e CD Lugo, 10 puntos; 10. Bansander, 9 puntos...

Amigable: XUVENIL B 5 (Sergio Pose, Telmo, Vergara, Álvaro Rioboo e Rodrigo) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 2
8ª xornada: UD OURENSE - XUVENIL B, o domingo 29 de outubro ás 12:00 no campo de Albán (Coles)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 21 puntos; 2. RC Celta B, 16 puntos... 11. UD Ourense, 9 puntos...

Categoría cadete
8ª xornada: CADETE - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 28 de outubro ás 11:00 en Abegondo (campo 5)

Amigable: SAN TIRSO SD CADETE 6 (Casuso -2-, Antón Sánchez, Héctor e Pablo Crespo -2-) - SELECCIÓN GALEGA SUB-14 1
8ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 28 de outubro ás 12:15 no Monte (San Tirso)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete e RC Celta, 21 puntos; 3. ED Xuventude de Oroso e CD Conxo Santiago, 18 puntos... 6. ED Val Miñor Nigrán, 13 puntos... 12. Atlético Coruña Montañeros CF, 6 puntos... 16. San Tirso SD Cadete, 4 puntos...

Categoría infantil
7ª xornada: INFANTIL - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 28 de outubro ás 12:30 en Abegondo (campo 4)

7ª xornada: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 28 de outubro ás 10:00 na Grela 1

Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 18 puntos; 2. RC Celta, 16 puntos; 3. Victoria CF, 12 puntos...

Categoría alevín
Primera A Coruña, subgrupo 1º, 1ª xornada: ORILLAMAR SD - ALEVÍN A, o sábado 28 de outubro ás 10:30 na Torre (campo 2.1)

Primera A Coruña, subgrupo 1º, 1ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 28 de outubro ás 10:30 na Torre (campo 2.2)

Categoría benjamín
Primera A Coruña, subgrupo 1º, 1ª xornada: BENXAMÍN A - FC GRANDE OBRA, o sábado 28 de outubro ás 9:30 na Torre (campo 1.1)

Primera A Coruña, subgrupo 2º, 1ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - SADA CF, o domingo 29 de outubro ás 12:30 na Torre (campo 4)