Un total de 4 partidos xóganse mañá sábado 8 de febreiro en ANOSACANTEIRA feminina.
Sobresae a visita do Dépor ABANCA B ao CD Lugo a partir das 15:00 no campo da Cheda.
O filial, líder da Tercera Federación con 1 punto de vantaxe sobre o Olímpico de Léon, celebra a convocatoria de Redru para uns adestramentos coa selección española sub-19 e de Dunia Dahmouni para un torneo en Turquía coa selección de Marrocos sub-20.
Completa o trío de internacionais Claudia Sande, que esta semana participou nuns adestramentos coa selección española sub-15.
Tamén mañá sábado o Orzán SD Cadete visita ao Santa Cruz CF (18:00 en O Condús, Oleiros), o Orzán SD Infantil A mídese ao Silva SD (18:00 na Torre) e o Orzán SD Infantil B ao CF Batallador SD (18:00 en Eirís).
Para o domingo queda o choque do Orzán SD Sub-21 (na foto inferior) na Torre (18:00) ante o Victoria CF B e o duro compromiso do Orzán SD Xuvenil en Santa Comba (12:15) ante o Xallas FC, líder da Segunda Autonómica.
O calendario de partidos é o seguinte:
Tercera Federación FutFem
19ª xornada: CD LUGO - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 8 de febreiro ás 15:00 na Cheda (Lugo)
Clasificación: 1. Dépor ABANCA B, 46 puntos; 2. Olímpico de León, 45 puntos; 3. RC Celta, 44 puntos... 13. CD Lugo, 15 puntos...
Primera Autonómica
19ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - VICTORIA CF B, o domingo 9 de febreiro ás 18:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: 1. RC Celta B, 48 puntos; 2. Orzán SD Sub-21 (un partido menos) e EFM Concello de Boiro (un partido menos), 44 puntos; 4. SD O Val, 36 puntos... 8. Victoria CF B (un partido menos), 25 puntos...
Segunda Autonómica
19ª xornada: XALLAS FC - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 9 de febreiro ás 12:15 na Fontenla (Santa Comba)
Clasificación: 1. Xallas FC, 47 puntos... 3. SD Tordoia, 38 puntos; 4. Orzán SD Xuvenil (un partido menos), 36 puntos; 5. UD Carral (un partido menos), 33 puntos...
Liga Galega cadete
15ª xornada: SANTA CRUZ CF - ORZÁN SD CADETE, o sábado 8 de febreiro ás 18:00 no campo Eugenio Pardo, O Condús (Oleiros)
Clasicación: 1. Racing de Ferrol, 36 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos) e Orzán SD Cadete (un partido menos), 33 puntos; 4. CD Narón (un partido menos), 23 puntos... 9. Santa Cruz CF, 8 puntos...
Liga Galega infantil
15ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - SILVA SD, o sábado 8 de febreiro ás 18:00 na Torre (campo 1)
15ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - CF BATALLADOR SD, o sábado 8 de febreiro ás 18:00 en Eirís
Clasificación: 1. Victoria CF (un partido menos), 39 puntos; 2. Orzán SD Infantil A (un partido menos), 36 puntos; 3. SCD Milagrosa (un partido menos), 30 puntos, 4. Racing de Ferrol (un partido menos), 24 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 21 puntos; 6. Santa Cruz CF, 16 puntos; 7. CF Batallador SD e Silva SD (un partido menos), 12 puntos...