RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina; cos cadetes e infantís o sábado e o Orzán SD Xuvenil o domingo 26

Nova xornada en ANOSACANTEIRA feminina nunha fin de semana de descanso para o Dépor ABANCA B e o Orzán SD Sub-21 en Segunda e Tercera Federación respectivamente.

O sábado 25 a quenda é para as cadetes e infantís.

Así, o Orzán SD Cadete, 2º no grupo 1º da Liga Galega, mídese ao CF Batallador SD a partir das 16:00 no campo 1 de La Torre.

En categoría infantil, os conxuntos orzanistas, segundos dos seus grupos, mídense aos respectivos líderes: o A ao Victoria CF ás 10:30 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma); e o B ao SCD Pastoriza ás 17:00 na Torre (campo 3).

Para o domingo 26 queda un único partido. En Primera Autonómica o Orzán SD Xuvenil visita ao Atlético Villalonga FF B, ás 12:30 en O Cruceiro na parroquia de Dorrón en Sanxenxo.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
Clasificación: ... 5. Sporting de Gijón, 14 puntos; 6. Madrid CFF B, 11 puntos; 7. Deportivo ABANCA B, 10 puntos; 8. Burgos CF, 8 puntos...

Tercera Federación
Clasificación: ... 2. PM Friol, 11 puntos; 3. Bergantiños CF, 10 puntos; 4. Victoria CF e Orzán SD Sub-21, 8 puntos; 6. Lóstrego CF e Victoria FC, 7 puntos...

Primera Autonómica
6ª xornada: ATLÉTICO VILLALONGA FF B - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 26 de outubro ás 12:30 no campo de O Cruceiro (Dorrón, Sanxenxo)
Clasificación: ... 7. Atlético Villalonga FF B, 8 puntos; 8. Xallas FC, 7 puntos; 9. Orzán SD Xuvenil e CD Arenteiro, 6 puntos; 11. SR Calo, 4 puntos...

Liga Galega cadete
4ª xornada: ORZÁN SD CADETE - CF BATALLADOR SD, o sábado 25 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: 1. SCD Milagrosa, 9 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 7 puntos; 3. Victoria CF, Sporting Burgo, Silva SD e CD Narón, 6 puntos... 10. CF Batallador SD, 3 puntos...

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 4ª xornada: VICTORIA CF - ORZÁN SD INFANTIL A, o sábado 25 de outubro ás 10:30 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma)
Clasificación: 1. Victoria CF, 9 puntos; 2. Orzán SD Infantil A e Racing de Ferrol, 7 puntos; 4. SD O Val e Silva SD, 4 puntos...

Grupo 2º, 4ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - SCD PASTORIZA, o sábado 25 de outubro ás 17:00 na Torre (campo 3)
Clasificación: 1. SCD Pastoriza, 9 puntos; 2. Orzán SD Infantil B, 7 puntos; 3. UD Cerqueda, Victoria FC e Bergantiños CF, 6 puntos...