RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Coca-Cola, Banco de Alimentos e o RC Deportivo, unidos na campaña #HazFelizaAlguien

Esta mañana tivo lugar no Salón de Actos de Coca-Cola Iberian Partners da Coruñá presentación de “Botella Solidaria”. O RC Deportivo, xunto á maioría de Clubs de Primeira e Segunda División, uniuse nes

Esa edición limitada de botellas, asinada no caso do Dépor por Celso Borges, Fernando Navarro, Fabricio, Pedro Mosquera e Jonás, explica Xema Domínguez, de Coca Cola Iberian Partners, "empézase a poxar hoxe en internet e a recadación doarase integramente ao Banco de Alimentos".

Esta acción supón o punto de partida das accións que se porán en marcha durante a nova campaña de Nadal de Coca-Cola #Hazfelizaalguien.
Precisamente Xema Domínguez asegura que "a mensaxe principal desta campaña é lembrar que o Nadal é algo máis que abrir agasallos. Con pequenas accións podemos axudar á xente que temos máis preto, xa sexan amigos, familiares, compañeiros, coñecidos..."

Subliña que "sería imposible este proxecto sen compañeiros de viaxe como o Banco de Alimentos e o RC Deportivo".

Luís Camba, Presidente do Banco de Alimentos, tomou a palabra para "agradecer o que están a facer Coca Cola e o Deportivo polo Banco de Alimentos este Nadal, sobre todo coa campaña da Gran Recollida de Alimentos, grazas ao tirón de Víctor, de Lucas e de todo o equipo". Subliña que "impactou moito" na campaña a presenza do RC Deportivo, tal e como el mesmo, segundo relatou, puido comprobar por exemplo en Coristanco.

Finalmente, Martín Pita, Conselleiro da área Social do RC Deportivo, explica que "consideramos que o fútbol ten que ter ese labor de axuda, ese labor social e ten que estar neses sitios, naqueles momentos, naquelas causas onde se debe demostrar a solidariedade, a axuda aos máis necesitados".

Lembra que "nós levamos colaborando con moitísimas ongs, con moitas entidades do mundo social e do mundo da solidariedade desde hai xa dous anos, entre eles o Banco de Alimentos. Imos seguir colaborando sempre que se precise e sempre que a imaxe do Deportivo poida axudar".

Finalmente, o internacional costarriqueño Celso Borges, en representación do persoal de futbolistas, asegurou que os xogadores do Dépor "estamos a disposición para o que podamos facer por axudar neste tipo de proxectos benéficos".