RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Contra o Bilbao Athletic, os mesmos que puntuaron en Basauri

Despois do visto onte no partido de adestramento, non cabe dúbida que acertabamos no noso comentario anterior, ao anticipar como posible aliñación fronte ao Bilbao Athletic Club, a mesma que xogou o noventa minutos no López Cortázar, de Basauri, o domingo

A sesión tivo un dobre fin, observar como estaban os deportivistas despois da actividade despregada durante a semana e someter a unha boa proba aos xuvenís ante a visita do Celta, o día 19 pola mañá, para o partido de volta da competición nacional xuvenil.

Os maiores, como dicimos, responderon ben, e os pupilos de Sertucha evolucionaron con forza e interese fronte aos compoñentes do persoal titular.

Inicialmente o Deportivo actuou con nove xogadores da suplencia e o lucense Cholo. Enfronte o equipo titular dos xuvenís deportivistas cos reforzos de Richard e Cobas, enfrontáronse no segundo tempo aos titulares branquiazuis.