RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Cruel desconto para o Deportivo ABANCA B na súa visita ao RC Celta

O Deportivo ABANCA B caeu co RC Celta (1-0) na Madroa en partido correspondente á 6ª xornada en Segunda Federación.

Sandro Nogueira puido contar con Redru, Michi Apóstol e Carmen Carballada, futbolistas que están durante a semana en dinámica do primeiro equipo.

O partido, moi igualado, decidiuse cun tanto da céltica María Nogueira no minuto 93, cando todo apuntaba a un empate sen goles.

Con este duro resultado, As Nosas quedan con 10 puntos na 5ª posición.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Sara Barreda, Michi Apóstol, Carmen Carballada, Laura Otero, Marta Rico, Sonsoles Villanueva (Valbuena, min. 82), Redru, Laura Ruiz (Sara Cercido, min. 60), Jenny Corros (Lucía Mariño, min. 67) e Emma Gandoy

A próxima fin de semana toca xogar de novo lonxe do Dépor Training Center e ante outro dos favoritos, o Real Racing Club. O choque está fixado para o domingo 19 ás 12:00 no campo de La Planchada en Astillero.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1
Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1
Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0