RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Datos sociais do RC Deportivo ao peche da Tempada 2014-2015

O peche da Tempada 2014-2015 deixa unha serie de datos destacados que revelan, un añou más, o gran respaldo que ten o Real Club Deportivo. A 30 de maio de 2015, a masa social do Dépor está composta por 24.245 socios, xerando un

O 7 de xullo de 2014 o Real Club Deportivo iniciou a campaña de renovación e captación de abonados 2014-2015, chegando a 5.591 novos socios, sendo esta a Tempada de maior número de altas de novos socios dos últimos 20 anos. Deles, 4.114 son homes, 1.317 mulleres, 119 empresas e 41 penas. Hai dous datos significativos en canto ás novas altas: o 50% son abonados menores de 30 anos e o 24% corresponde a mulleres, o que supón o aumento progresivo da presenza feminina e dos máis novos en Riazor. 

Marathón Inferior é a bancada con maior número de socios: 4.162 (un 99,24 % da súa capacidade), seguida de Pavillón Superior con 4.111 (96,19 %). Pavillón Inferior conta con 3.549 socios (96,57 %). A outra das bancadas que conta cunha porcentaxe próxima ao cheo por socios é Preferencia Inferior con 2.944 (95,8 %).

Unha das novidades da campaña 2014-2015 foi a posibilidade de renovar os abonos por internet, unha alternativa que utilizaron 2.333 socios. Ademais se implementaron novas categorías bonificadas ás que se acolleron: 4.175 sub-25, 2.248 ADN-Branquiazul, 1.142 Maiores de 65 anos e 1.154 desempregados. Todos eles son os socios que se beneficiaron de importantes descontos nos seus cartóns anuais. Ademais a Deportivo conta con 776 socios amigos.

A importancia do Deportivo para A Coruña e a súa área de influencia representa un valor incalculable como se desprende da distribución de socios por concellos. Actualmente, 13.412 abonados do Deportivo residen no municipio de coruñés, superando tamén o milleiro en concellos limítrofes como Oleiros (1.179) e Culleredo (1.008).

Nesta campaña o Deportivo tamén solicitou aos seus socios a colaboración para captar novos abonados, premiándoos cunha bonificación do 5% do volume de negocio xerado para o Club en descontos no seu carné para a próxima tempada. 953 foron os abonados que captaron polo menos un novo socio para o Deportivo e por iso a próxima tempada 2015 - 2016 gozarán de descontos no seu abono que fluctúan entre os 2,75 € e os 263,50 €. En total foron 1.341 os novos socios que chegaron ao Dépor da man doutros abonados.