Con goles Pandiani en dúas ocasións, Luque, Víctor e Jaime o Deportivo impúxose ao Veracruz na primeira edición do trofeo Joma. O gol do Veracruz marcouno Cuathmoc Branco.
Empezou adelantandose o Deportivo con gol de Pandiani a centro de Víctor no minuto 20 da primeira parte. De novo Pandiani poucos minutos despois, tras un pase xenial de Valerón, marcaba o segundo. O Veracruz recortaría distancias por medio de Cuathmoc Branco de libre directo. No último minuto da primeira parte Luque marcaría o terceiro.
Na segunda parte Víctor na área pequena, e posteriormente Jaime de forte disparo, maracarían os goles definitivos.