RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Dura derrota do San Tirso SD Infantil en Ourense

O San Tirso SD Infantil encaixou unha severa derrota (7-0) na súa visita ao Pabellón Ourense CF, en partido correspondente á 9ª xornada na División de Honra.

Os 'verdes' recibiron o primeiro gol aos 17 minutos de xogo e non conseguiron superar este golpe.

A pesar deste marcador, o equipo que dirixe Borja Souto mantense na zona media, concretamente na 10ª posición, con 9 puntos.

San Tirso SD Infantil: Lucas López, Javi Seoane, Samuel, Nikolay, Ander, Iago Varela, Lucas Vázquez, Raúl, Álex Martínez, Gabri e Roi. Tamén xogaron: Antón, Sergio, Guille e Martín Forján.

En 15 días, o San Tirso SD Infantil recibe en O Monte ao Bergantiños CF.

Os resultados do San Tirso SD até a data son os seguintes:

Deportivo 4 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 3 (José Quiroga, Alberto e Daniel) - EF Portero '2000' 1
CD Areosa 2 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 0 - ED Val Miñor Nigrán 1
EF Denis Suárez 0 - San Tirso SD Infantil 1 (Pablo Vara)
San Tirso SD Infantil 1 (Alberto) - Victoria FC 0
CD Conxo Santiago 3 - San Tirso SD Infantil 2 (Roi e Ander)
San Tirso SD Infantil 0 - Ural Español CF 7
Pabellón Ourense 7 - San Tirso SD Infantil 0