RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA viaxa este sábado a Badalona após unha "valoración moi positiva" na Copa de la Reina

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 5 de outubro a Badalona para medirse ao FC Levante Badalona o domingo 6 de outubro ás 18:00 (Dazn), en partido correspondente á 5ª xornada en Liga F.

As Nosas gozan hoxe mércores dunha xornada de descanso após o partido de Copa de la Reina de onte martes en Mareo ante o Sporting de Gijón, saldado con goleada deportivista (0-6).

Na rolda de prensa pospartido, Irene Ferreras saca unha valoración "moi positiva. A xente de arriba vaise con goles, que lles dá confianza. Non houbo lesións, puidemos repartir minutos de cara ao domingo, que temos un partido moi importante".

A adestradora branquiazul opina que "a primeira parte estivo bastante competida, nós con máis dominio de pelota; pero incómodas porque non fixemos brecha no marcador e estivemos alerta a calquera acción das xogadoras do Sporting arriba. Na segunda atopamos mellores situacións axustando certas cosillas. Sentímonos máis soltas tamén".

Admitiu que co 0-2 "sentímonos máis cómodas, atopámonos mellor no xogo e avanzando os minutos nótase o ritmo da competición".

Dado que o Dépor ABANCA desprázase á primeira hora da mañá do sábado, o último adestramento previo ao choque ante as catalás será no Municipal de Badalona, escenario do partido, o sábado 5 ás 13:00 horas.

O plan de viaxe é o seguinte:

Sábado 5 de outubro
9:50: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas
11:30 (horario aproximado): Chegada a Barcelona
13:00: Adestramento no Municipal de Badalona
Ao concluír, aloxamento no Hotel Badalona Tower

Domingo 6 de outubro
18:00: FC Levante Badalona - Deportivo ABANCA, no Municipal de Badalona
Ao concluír, traslado ao hotel Sercotel Sant Boi

Luns 7 de outubro
7:30: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña
9:20 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña
11:00: Adestramento en Abegondo