Elena Vázquez xogará con España sub-17 a Rolda 1 de clasificación do Campionato de Europa a finais deste mes de outubro
Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007), xogadora do Deportivo ABANCA B que está en dinámica do primeiro equipo, foi citada por Kenio Gonzalo, seleccionador español sub-17, para disputar a Rolda 1 de clasificación do Campionato de Europa.
O torneo disputarase en Portugal, do 25 ao 31 de outubro, con Bosnia Herzegovina, República Checa e Portugal como rivais das españolas.
A defensa deportivista concentrarase o luns 23 de outubro na Cidade do Fútbol, antes de viaxar ao país luso.
O calendario de España sub-17 é o seguinte:
Mércores 25 de outubro 15:00 (hora local, 16:00 en Galicia): ESPAÑA - BOSNIA HERZEGOVINA, no Estadio Joao Soares Vieira (Braga)
Sábado 28 de outubro 15:00 (hora local, 16:00 en Galicia): ESPAÑA - REPÚBLICA CHECA, no Estadio Joao Soares Vieira (Braga)
Martes 31 de outubro 11:00 (horal local, 12:00 en Galicia): PORTUGAL - ESPAÑA, na pista de atletismo Gemeos Castro (Guimaraes)
Elena xa estivo a semana pasada concentrada en Las Rozas con España sub-17; e a primeiros de mes tamén coa canteirá deportivista Lucía Rivas.
Elena Vázquez, que acaba de cumprir 16 anos e xa foi titular esta temporada dous partidos coas Nosas en Primera Federación Iberdrola, alcanzou o subcampeonato continental con este equipo nacional o pasado mes de maio en Estonia.
A defensa coruñesa renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA neste último verán.