RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Empate do Cadete B para abrir o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA desta fin de semana

O Cadete B, líder do grupo norte da liga Galega, abriu hoxe venres 29 de novembro cun empate en Abegondo ante o Galicia Caranza (2-2), o calendario de partidos de #ANOSACANTEIRA para esta fin de semana.

O resto de partidos repartiranse entre mañá sábado 30 e o domingo 1 de decembro.

En Terceira División, o Fabril recibe o domingo ao Racing Villalbés aínda coa epiña cravada da derrota ante o Silva SD no último minuto do derbi coruñés xogado a pasada fin de semana na Grela.

O filial deportivista, que contará coa baixa segura de Kanouté pola súa expulsión ante o Silva, estrea horario (15:45), despois do encontro do Deportivo ABANCA ante o Sevilla FC da Primeira Iberdrola, previsto este para as 11:45.

Os socios teñen libre acceso ao partido co seu carné de temporada. Para o público, a entrada custa 10 euros.

Xogarán ademais na Cidade Deportiva, todos eles mañá sábado 30: Deportivo ABANCA B (16:00), Xuvenil A (16:30), Infantil A (17:00) e Infantil B (11:00); e lonxe de Abegondo: Xuvenil B mañá sábado en Redondela (16:00 horas); e Cadete Ao domingo en Conxo (12:00).

Finalmente, inician mañá sábado a súa competición na liga Comarcal e Primeira C os alevíns e benxamíns branquiazuis. Será na 2ª xornada, posto que a 1ª, prevista o pasado sábado, foi aprazada polo temporal de vento e choiva que azoutou ese día A Coruña e a súa comarca.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
15ª xornada: FABRIL - RACING VILLALBÉS, o domingo 1 de decembro ás 15:45 en Abegondo
Clasificación: ... 2. SD Compostela, 32 puntos; 3. CD Barco, 31 puntos; 4. Fabril, 27 puntos; 5. Arousa SC, 26 puntos; 6. CD Choco, 22 puntos...

Categoría feminina
12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SPORTING DE GIJÓN B, o sábado 30 de novembro ás 16:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 25 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 22 puntos; 4. Victoria FC, 20 puntos; 5. Oviedo Moderno CF B, 19 puntos...

Categoría xuvenil
13ª xornada: XUVENIL A - CD CONXO SANTIAGO, o sábado 30 de novembro ás 16:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 32 puntos; 2. Sporting de Gijón, 28 puntos; 3. Xuvenil A, 26 puntos; 4. Real Oviedo, 22 puntos...

13ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL B, o sábado 30 de novembro ás 16:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 34 puntos; 2. Xuvenil B, 25 puntos; 3. CD Choco, 24 puntos; 4. CD Areosa e Pabellón Ourense CF, 23 puntos...

Categoría cadete
13ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - CADETE A, o domingo 1 de novembro ás 12:00 no campo da Mercé (Conxo, Santiago)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 36 puntos; 2. RC Celta, 31 puntos; 3. Ural CF, 24 puntos...

13ª xornada: CADETE B 2 (Domínguez e Iván) - GALICIA CARANZA 2
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B (un partido máis), 35 puntos; 2. SD Compostela, 28 puntos...

Categoría infantil
13ª xornada: INFANTIL A - CD CONXO SANTIAGO, o sábado 30 de novembro ás 17:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 36 puntos; 2. Bertamiráns FC, 30 puntos...

13ª xornada: INFANTIL B - CD CALASANZ B, o sábado 30 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 36 puntos; 2. Ural CF B, 28 puntos...

Categoría alevín
Liga Comarcal, 2ª xornada: ALEVÍN A - SAN TIRSO SD A, o sábado 30 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 2.1)

Primeira C, 2ª xornada: ALEVÍN B - URAL CF C, o sábado 30 de novembro ás 10:30 na Torre (campo 2.1)

Categoría benxamín
Liga Comarcal, 2ª xornada: OLÍMPICO CF A - BENXAMÍN A, o sábado 30 de novembro ás 12:00 no Complexo Deportivo de Vilaboa (Culleredo)

Primeira C, 2ª xornada: BENXAMÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B, o sábado 30 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 1.2)