-Foto:@futbalsfz.sk
Patrícia Hmírová disputou estes días dous partidos ante Gales correspondentes á Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa.
O segundo deles, de volta, xogouse esta noite en Cardiff Stadium da cidade de Cardiff.
Venceron as galesas (2-0) despois dunha prórroga. Este resultado priva a Eslovaquia de pasar á eliminatoria final, posto que na ida gañou por 2-1.
Do mesmo xeito que no primeiro partido, Patrícia Hmírová foi titular. Esta noite, foi relevada no minuto 65 por Tamara Morávková.
A futbolista do Dépor ABANCA regresará A Coruña mañá mércores 30 de outubro para incorporarse de novo á disciplina branquiazul.
Os resultados de Hmírová e Eslovaquia nesta Rolda 1 de Clasificación foron os seguintes:
Venres 25 de outubroESLOVAQUIA 2 - GALES 1
Martes 29 de outubroGALES 2 - ESLOVAQUIA 0