RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Este venres, sesión de recuperación no Balneario do Hotel Hesperia Guitiriz

O Deportivo afronta con moi poucas horas de recuperación o partido da Atlético de Madrid deste domingo, máxime después do gran desgaste físico da Copa do Rei, prórroga incluída.

Por iso, o equipo desprazarase mañá venres ás 10.00 ao Hotel Hesperia Guitiriz para ter unha sesión de recuperación no balneario lucense e regresará antes de comer á Coruña. quedan no Mundo do Fútbol recuperándose das súas lesións ou traballando con intensidade estes futbolistas: Lopo, Manuel Pablo, Valerón, o dianteiro Adrián, Munúa, Aouate, Antonio Tomás, Taborda e Chapi.

           O sábado, o último adestramento antes do partido ante o Atlético de Madrid será no Estadio de Riazor, a porta pechada, ás 10.30 horas.