RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Fede Cartabia entra na recta final da súa recuperación

Fede Cartabia, fóra do grupo desde o primeiro partido ligueiro en Albacete a consecuencia dunha escordadura de nocello, entra na recta final da súa recuperación.

O atacante arxentino realizou esta mañá o seu primeiro adestramento co grupo, precisamente no día máis esixente da semana.

Tamén Dubarbier, que sufriu unha sobrecarga nos isquiotibiais, traballou con normalidade.

Así pois, quedan fóra do grupo Quique, Carles Gil e Borja Valle. Os 3 tiveron tarefas de ximnasio, tratamento médico e de fisioterapia.

Hoxe o Dépor, co fabrilista Álex Cobo, completou unha intensa mañá no céspede cun quecemento, un circuíto de forza con finalizacións, automatismos de ataque e, para concluír, remates a portería.

A mañá comezou na sala de vídeo, onde Natxo González reuniuse cos seus futbolistas por espazo de case 45 minutos.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.