RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso, ante o partido do domingo: "ANOSAFORZA é a xogadora número 12 que necesitamos"

Fran Alonso fixo na sala de prensa de Abegondo "un chamamento a #ANOSAFORZA, que veñan apoiarnos, que son a xogadora 12 que necesitamos" este domingo 16 de febreiro ás 12:00 (Dazn) ante o Atlético de Madrid en ABANCA-RIAZOR.

Do cadro madrileño indica que "é un equipo que vai terceiro, en postos Champions. É un rival moi díficil, moi perigoso, con moito criterio en canto a xogo combinativo pero que tamén ten un poderío na transición espectacular, con xogadoras que che poden facer moitísimo dano".

Pide aos seus futbolistas "estar moi concentradas, estar moi ben para sacar algo positivo".

O técnico deportivista ve ao Dépor ABANCA "crecendo e imos dalo todo para tentar dar unha alegría a #ANOSAFORZA".

Finalmente, prefire non botar contas para a salvación e recalca que "os únicos puntos que me importan son os 3 de ABANCA-RIAZOR. Imos tentalo sabendo da dificultade que ten. E partido a partido. Así empezamos cando estabamos en postos de descenso e agora que o vemos un pouquiño máis lonxe, seguimos igual. O único que nos importa é este partido contra o Atleti e estamos preparadas para estar a loitar até a última xornada. Se se consegue antes, benvido sexa".