RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Fran quere cobrar outra vez os seus dereitos de imaxe, di a Asesoría Xurídica en DeporSport

Fran quere cobrar outra vez, esta vez a través dos seus representantes, os dereitos de imaxe das tempadas 2003-04 e 2004-05 e que xa percibiu, como sostén a Asesoría Xurídica do Deportivo no xornal Dépor Sport. Reproducimos integramente o artigo do dia

Da citada cantidade de 1.537.963,62 euros o Deportivo recoñeceu a cantidade de 633.026,08 euros que era a que constaba no pagarei que se lle entregou e que ante a súa negativa a recibilo quedou depositado no Banco. Finalmente, a Comisión Mixta aceptou a cantidade ofrecida polo Deportivo e a forma de pago, por medio de pagarei, e Fran tivo que conformarse con esa cantidade.

Para xustificar ante a opinión pública a súa desleal conduta, Fran manifestou que solicitaba ao Deportivo un documento privado que servise de garantía ao pagarei. Pero tal declaración non era certa. Fran estaba a mentir descaradamente porque no documento privado remitido ao Deportivo o que se pretendía en realidade era que o Dépor recoñecese que o que lle pagaba correspondía unicamente aos dereitos federativos reservándose por tanto a acción para reclamar os dereitos de imaxe. O Deportivo non aceptou asinar aquel documento privado remitido por Fran porque conforme ao contrato de data 1 de xullo de 2003, subscrito por Fran, este transmitiu ao Deportivo os dereitos de imaxe. Naquelas datas por esta Asesoría Xurídica publicouse que Fran estaba a mentir e que, no seu tempo, non tería máis remedio que dicir a verdade; e que se non a dicía Fran diriámola nós ao seu tempo. Pois ben ese tempo xa chegou (todo chega nesta vida). Ese tempo concluía o 30 de xuño de 2006 porque ao constar os dereitos de imaxe transferidos no contrato de traballo, o tempo hábil para exercitar a acción é dun ano contado a partir da extinción do contrato de traballo que no caso de Fran, recuérdese, extinguiuse o 30 de xuño de 2005. Por iso agora, antes dese 30 de xuño de 2006, preséntase a demanda en reclamación dos dereitos de imaxe. Pero como estes dereitos de imaxe para a tempada 2003-04 e 2004-05 xa foron cobrados por Fran como parte do seu contrato de data 1 de xullo de 2003, quen presenta a demanda por eses dereitos é a sociedade mercantil constituída polo seu representante, señor Arrinda (Sport Xestión Advertising S.L.) en virtude dun contrato de cesión deses mesmos dereitos de imaxe ao Deportivo, de data 1 de decembro de 1999. É dicir, Fran xa os cobrou, e agora pretende cobralos de novo a través do seu representante. Estamos a falar duns CEN MILLÓNS de pesetas.

A situación ten unha certa complexidade xurídica pero só aparente, pois no fondo o único que existe é un contrato de 1999 que foi novado (modificado) polo tres partes intervinientes (Fran, Arrinda e Deportivo) no 2.003. Este é o que terá que aplicarse. E iso é o que o Deportivo vai defender. A única defensa que ten Fran (e a empresa do seu representante) é a confusión. Esperamos e confiamos que o Juzgador saiba subtraerse a esa confusión.