RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Germán cre que o porteiro racinguista decidiu o partido e Loureiro pide "estar tranquilos, seguir traballando"

Germán Parreño e Miguel Loureiro pasáronse pola zona mixta de El Sardinero.

O porteiro deportivista viu "un partido competido, por momentos noso, por momentos eles máis co balón. Decidiuse porque Jokin (Ezkieta), o seu porteiro, para 3 ocasións moi claras".

Resalta que "xeramos moito nun campo difícil ante un equipo traballado que leva moito tempo facendo ben as cousas".

Germán Parreño concluíu que "o partido foisenos por pequenos detalles. Máis acerto do seu porteiro. Xeramos cando nos envorcamos. Estiveron acertados e el máis aínda".

Extrae de lectura do partido que "hai que competir ao 100% como estamos a facer e a categoría é así. Ningún campo e ningún equipo regálache nada e hai que estar ao 100%. Somos conscientes diso e traballamos para iso. Temos claro a calidade que hai, o traballo que hai e temos que seguir así".

Pola súa banda, Miguel Loureiro confesou que "estamos doídos, amolados. Vimos aquí con moita ilusión de conseguir os 3 puntos, de regalarllos a #ANOSAFORZA que non parou de animarnos todo o partido, que nos deron moita forza".

Explica que "empezamos moi ben. Conseguimos pornos por diante. O plan de partido estaba a saír perfecto. No minuto que nos empatan, xusto antes do descanso, prexudícanos bastante. Na segunda parte quizais non estivemos tan ben, fixéronnos o segundo e a partir de aí a remar. Tivemos opcións de conseguir o empate. Non fomos capaces".

Lembra o central deportivista que "isto é moi longo, hai que estar tranquilos, seguir traballando, analizar o partido friamente en casa. Somos optimistas, e estamos a desexar que chegue a semana que vén para competir e sacar os 3 puntos diante da nosa xente".