RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Imanol Idiakez: Gañáronnos por intensidade, por querer e desde logo iso non nolo podemos permitir

Imanol Idiakez manifestou na sala de prensa do Stadium Gal que "fixemos 20 minutos da segunda parte moito máis que deficientes. Xa non falo do xogo, falo da actitude, os duelos, os regresos, de volver, de apertar..."

Cre que "nos gañaron por intensidade, por querer e desde logo iso non nolo podemos permitir. Os primeiros 20 minutos da segunda parte onde metéronnos 2 goles e podíannos meter 4 téñennos que facer reaccionar e pensar que estamos no camiño equivocado. Se nos cremos que porque levemos o escudo, a camiseta do Dépor imos saír aos campos a pasearnos témolo fodido".

Confesou estar "moi desgustado pola xente que veu desde A Coruña que se merecen outra imaxe, que o equipo defenda a camiseta como hai que defendela. A segunda parte é o peor desde que estou aquí por moito".

Agora, o técnico deportivista asegura que "temos que mirarnos dentro, facer autocrítica e dicirnos as cousas claras porque hoxe nos torcemos moito o camiño".

Nesta liña, advirte que "a Real Unión pasounos por encima por ritmo, por intensidade, por apertar, por ir ao espazo, aos duelos; e se queremos xogar ao fútbol neste nivel como sigamos así non temos nada que facer. Estou até sorprendido porque até hoxe non pasara nada semellante. O de hoxe é para pensar, para recapacitar e para dicirnos as cousas moi claras dentro á cara".

Explica os goles irundarras porque "nos paramos. O primeiro gol é un duelo que perdemos preto da área que non imos de verdade, sae rebotado o balón; o segundo é un duelo de 3 na banda esquerda nosa que saíu rebotado e metémolo nós dentro; e así foi todo o que nos pasou. Eles dedicáronse a defender, a correr e a ser máis intensos que nós. Na área deles tivemos algunha situación pero poucas, a de Davo de cabeza e poucas máis. Hai que ir máis de verdade á área, hai que facer moito máis dano e sobre todo hai que xogar a outro ritmo. A este ritmo non se pode xogar nesta categoría".

Finalmente Idiakez recalca ante os medios de comunicación que "temos que facer o que está na nosa man para sacar o nivel dos futbolistas. Hai xente que non está a dar o nivel que esperabamos e eu o primeiro. Sempre miro para dentro. Son o responsable, o máximo culpable do que pasa aquí e dentro voume a encargar de dicir as cousas que necesitamos e logo tratar de sacar rendemento ao cadro porque desde logo o de hoxe non é propio de nós".