RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Juan Gauto comezou onte a súa progresiva incorporación ao traballo de grupo nunha xornada "para recuperarnos do esforzo, que foi un esforzo grande"

Juan Gauto entra na recta final da súa recuperación. O atacante arxentino comezou onte luns 28 de abril a facer tarefas co resto dos seus compañeiros nunha sesión co cadro dividido en dous grupos co obxectivo, segundo explicou Óscar Gilsanz na sala de prensa de El Sardinero, de "recuperarnos do esforzo, que foi un esforzo grande".

Así pois, os titulares onte ante o Real Racing Club tiveron unha xornada de recuperación despois de participar nunha activación con rondos.

Para os xogadores que non actuaron de inicio houbo ademais unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

"Non me gusta para nada dar pechada as cousas que non están aínda. Temos que facer máis puntos", advirte o técnico deportivista, que pide "pensar xa no Albacete Balompié", rival domingo 4 de maio en ABANCA-RIAZOR ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) por terceiro partido consecutivo.

Estiveron hoxe con traballo personalizado Dani Barcia, Mella, Ximo Navarro, Escudero, Eddahchouri e Bouldini.

Kevin Sánchez e Hugo Ríos foron os representantes esta mañá de ANOSACANTEIRA.

Hoxe martes hai xornada de descanso. O equipo regresa aos adestramentos mañá mércores 30 de abril ás 11:00 en Abegondo.