RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Juanan e Rubén González quedan fóra da convocatoria do Deportivo B

Juanan e Rubén González, que estiveron con molestias físicas durante toda a semana, quedan fóra da convocatoria do Deportivo B para visitar mañá domingo ao catro e media da tarde ao Ordes no campo de Vista Alegre. A meta Fabricio tamén é baixa ao ir convo

A lista que fixo pública esta mañá Perico Ramallo, adestrador fabrilista, é a seguinte: Iván Parada, Darío, Sergio Benito, Juachi, Borja Facal, Rubén Méndez, Chapi, Adrián, Alex, Nacho, Madrigal, Moreiras, José Areas, Iván Pérez, Herbert, Aridane e Rivera.
O Deportivo B é cuarto na clasificación, con tres puntos de vantaxe sobre o Ordes, oitavo e xa considerado por moitos como o equipo revelación do grupo primeiro de Terceira División.