RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Longo desprazamento a Las Palmas este martes para o Dépor ABANCA con motivo da terceira rolda copeira

O Dépor ABANCA afronta un longo desprazamento entre semana a Las Palmas de Gran Canaria con motivo da terceira rolda copeira ante o Guiniguada Apolinario CD este mércores 5 de novembro ás 20:00 (hora galega, 19:00 hora local) no Estadio Parque Atlántico.

As Nosas desprázanse este martes pola tarde e regresan o xoves 6 directos a adestrar ao Dépor Training Center.

A folla de ruta é a seguinte:

Martes 4 de novembro
12:15: Adestramento no Dépor Training Center
17:10: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto Adolfo Suárez-Barajas
20:05: Saída do voo do Aeroporto Adolfo Suárez-Barajas con destino ao Aeroporto de Gran Canaria
22:00 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Gran Canaria e traslado á AC Hotel Iberia Las Palmas

Mércores 5 de novembro
19:00 (hora local, 20:00 en Galicia): Guiniguada Apolinario CD - Deportivo ABANCA, no Estadio Parque Atlántico

Xoves 6 de novembro
9:20 (hora local): Saída do voo do Aeroporto de Gran Canaria con destino Galicia
13:00: Chegada a Galicia e traslado ao Dépor Training Center
14:15 (hora aproximada): Adestramento