RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

LVIII Teresa Herrera<br>O luns comeza o decano dos trofeos estivais

Este luns, 4 de agosto, comeza o Trofeo Teresa Herrera no seu LVIII edición. O decano dos torneos estivais dispútase nesta edición por un problema de calendario en formato triangular e comezará o propio luns, ás 21:30 horas, co partido Deportivo - América

Nacional de Montevideo e América de México disputarán o torneo xunto ao Deportivo. Será a segunda participación consecutiva dun club mexicano no trofeo decano dos torneos estivais, despois que o ano pasado fose a Cruz Azul o que xogase a final do Teresa Herrera ante o Deportivo.

Ademais do club mexicano, adestrado polo técnico holandés Leo Beenhakker, estará o Nacional de Montevideo, un dos históricos do fútbol suramericano. A súa fundación data do 14 de maio de 1899. No seu haber figuran, por exemplo, tres Copas Liberadores, o equivalente en Europa á Copa de Europa. As conquistadas nos anos 1971, 1980 e 1988. Tres Copas Intercontinentais, as logradas precisamente neses anos. 38 títulos de Liga, o último na pasada edición do torneo da regularidade uruguaio e 2 Copas Interamericanas, en 1971 e 1988.

No Teresa Herrera, o Nacional de Montevideo repite participación tras a do ano pasado, no que non puido coarse na gran final. De confirmarse, será a súa cuarta visita ao trofeo decano dos torneos estivais. Ademais da do 2002, Nacional participou en 1958 e 1969. En 1969 caeu 1-0 ante o Deportivo, tanto de Martínez. En 1958, o cadro uruguaio impúxose ao Flamengo (2-1) con tantos de Héctor Núñez e Escalada.

Os prezos de entradas soltas e abonos para socios e público en xeral son:

LocalidadesSociosPúblico
AbonoEntradaAbonoEntrada
SeniorInfantilSeniorInfantilSeniorInfantilSeniorInfantil
Tribuna superior 30,0015,00 15,007,50 60,00 30,00 30,00 15,00
Tribuna inferior 30,0015,00 15,007,50 60,00 30,00 30,00 15,00
Tribuna dianteira 30,0015,00 15,007,50 60,00 30,00 30,00 15,00
Preferencia superior24,00 12,00 12,00 6,00 48,00 24,00 24,00 12,00
Preferecia Inferior 18,009,00 9,00 4,50 36,00 18,0018,00 9,00
Preferecia Lateral 18,009,00 9,00 4,50 36,00 18,0018,00 9,00
Fondo Marathon Superior21,00 10,50 10,50 5,25 42,00 21,00 21,00 10,50
Fondo Marathon inferior 18,009,00 9,00 4,50 36,00 18,0018,00 9,00
Fondo Pavillón superior 18,009,00 9,00 4,50 36,00 18,0018,00 9,00
Fondo Pavillón Inferior18,00***9,00***36,00***18,00***
Junior*** 9,00 *** 4,50 *** 18,00 *** 9,00