RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Máis minutos de xogo para Mauro Valeiro coa selección española sub-15 nunha nova vitoria ante Suíza

-Foto:@rfef.es

 

Mauro Valeiro disputou coa selección española sub-15 o seu segundo partido amigable ante Suíza este mediodía no Sportzentrum Heerenschürli de Zurich.

O triunfo foi hispano (2-4) e o canteirán branquiazul saltou ao céspede na segunda metade en substitución de Santiago del Pino.

O futbolista do San Tirso SD Cadete debutou o pasado martes con outro claro triunfo (1-6) no primeiro dos dous amigables previstos esta semana entre ambos os conxuntos.

Mauro, que mañá venres chega á Coruña, xogou a segunda metade ao substituír a Mario Díaz e, durante a súa participación, o combinado nacional seguiu gozando de numerosas ocasións para incrementar o marcador.

Os resultados da selección española foron os seguintes:

Martes 4 de xuño
SUÍZA 1 - ESPAÑA 6

Xoves 6 de xuño
SUÍZA 2 - ESPAÑA 4

O centrocampista coruñés xogou esta temporada 32 partidos na División de Honra, deles 28 como titular; e anotou 6 goles. O seu equipo logrou o obxectivo da permanencia varias semanas antes de concluír a liga.

Mauro Valeiro únese á lista de membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Mustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.