RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Mini xornada en #ANOSACANTEIRA mañá mércores, con liga en cadetes e torneo en Lalín para Alevín A e Benxamín A

Mañá mércores 12 de outubro, día festivo, haberá competición ligueira na División de Honra cadete para o Dépor e o San Tirso SD, ambos fóra de casa.

Ademais, o Alevín A e Benxamín A, os dous equipos en pretemporada, disputan un torneo organizado polo EF Lalín no Estadio Manuel Anxo Cortizo. O formato de competición é de liga a unha soa volta todos contra todos.

Os rivais dos branquiazuis nas dúas categorías son os seguintes: Bertamiráns FC, Cidade de Ribeira CF, CD Lugo, Pabellón Ourense CF, EF Lalín e RC Celta.

O calendario de partidos de mañá é o seguinte:

Categoría cadete
6ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - CADETE, ás 10:30 no campo da Merced (Conxo, Santiago)

6ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - SAN TIRSO SD CADETE, ás 12:30 no campo Miguel Ángel, nos Remedios (Ourense)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 15 puntos; 2. Arosa SC, 13 puntos... 6. CD Conxo Santiago, 10 puntos... 12. Pabellón Ourense CF, 6 puntos... 17. San Tirso SD Cadete, 4 puntos...

Categoría alevín
Torneo EF Lalín no Estadio Manuel Anxo Cortizo
9:30; ALEVÍN A - BERTAMIRÁNS FC
9:55: CIDADE DE RIBEIRA CF - ALEVÍN A
11:10: CD LUGO - ALEVÍN A
12:00: PABELLÓN OURENSE CF - ALEVÍN A
13:25: ALEVÍN A - EF LALÍN
13:50: RC CELTA - ALEVÍN A

Categoría benxamín
Torneo EF Lalín no Estadio Manuel Anxo Cortizo
9:30: BENXAMÍN A - BERTAMIRÁNS FC
9:55: CIDADE DE RIBEIRA CF - BENXAMÍN A
11:10: CD LUGO - BENXAMÍN A
12:00: PABELLÓN OURENSE CF - BENXAMÍN A
13:25: BENXAMÍN A - EF LALÍN
13:50: RC CELTA - BENXAMÍN A