RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Nova sesión de traballo do Dépor nada máis aterrar en Galicia e "pensar no seguinte. Non queda outra"

Nada máis aterrar en Galicia, o Dépor marchouse directamente ao Dépor Training Center para unha nova sesión de traballo que arrincou ás 15:15.

Onte na sala de prensa de La Rosaleda após o choque ante o Málaga CF, Antonio Hidalgo manifestou que "hai que analizar o partido e pensar no seguinte. Non queda outra".

Os titulares, aos que se lles uniu Stoichkov, pasaron a tarefas de recuperación mentres que para o resto, houbo unha activación cunha roda de pases.

David Mella regresa esta noite á Coruña procedente do Mundial sub-20 de Chile; Lucas Noubi xoga este martes con Bélxica sub-21; Daniel Bachmann está con repouso deportivo no seu domicilio; e Ximo Navarro e Quagliata tiveron adestramento personalizado.

Os 3 canteiráns que viaxaron a Málaga foron os representantes de ANOSACANTEIRA: Samu, Quique Teijo e Hugo Ríos.

Este martes 14 de outubro hai xornada de descanso para o cadro.

Os Nosos comezarán o mércores 15 de outubro a preparar un novo partido lonxe de ABANCA-RIAZOR, o do domingo 19 de outubro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en El Sardinero ante o Real Racing Club.