RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O 27 de marzo, data elixida para continuar o Viajes InterRías - Deportivo ABANCA B, suspendido ao descanso

O partido entre o Viajes InterRías FF e o Deportivo ABANCA B pertencente á 18ª xornada na Primeira Autonómica Feminina, que foi suspendido ao descanso polo colexiado Francisco Javier Raposo Barcia debido á confusión coas camisetas de ambos os equipos, xa ten data para a súa continuación.

Será o martes 27 de marzo ás 18:00 horas no campo da Lanzada en Noalla (Sanxenxo).

Os primeiros 45 minutos finalizaron con vitoria parcial (0-1) do Deportivo ABANCA B grazas a un gol de Carlota.

O conxunto que dirixe Kevin Cabado atópase no seu mellor momento da temporada. Suma 54 puntos e, a falta dese partido ante o Viajes InterRías, é segundo na táboa. Con 52 puntos na terceira praza marcha o Atlético Arousana, derrotado onte en Arteixo.