RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor afina a puntaría

O primeiro equipo realizó unha nova sesión de adestramento esta mañana en Abegondo. Como é habitual dous días antes de cada partido, os técnicos rebaixaron a intensidade do traballo.  

Nesta ocasión, e tras uns rondos, Víctor Fernández insistiu no disparo a portaría.

Hélder Postiga realizou xa a sesión co grupo, sen a alta médica. Salomao, á espera de probas médicas complementarias esta tarde, e Lux quedaron no ximnasio da cidade deportiva; mentres que Sidnei e Fariña traballaron co readaptador.

Luisinho, cunha molestia leve no cóccix, retirouse antes de finalizar a sesión.

Mañá venres terá lugar a última sesión de traballo previa ao partido deste sábado 14 de marzo (18.00 horas, Gol T e Canle + Liga) no Estadio Santiago Bernabéu.