RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Dépor B empata en Cerceda un partido que foi sempre por diante no marcador

O Deportivo B logrou esta tarde no campo do líder Cerceda un empate a dous tantos con sabor agridoce. Os deportivistas puxéronse por dúas veces por diante no marcador nun partido que ben puideron gañar.

O Dépor formou de inicio con: Fabricio, Sergio Benito, Juanan, Chapi, Juachi, Alex, Madrigal, José Areas, Iván Pérez, Herbert e Rivera. Tamén xogaron Rubén González, Nacho e Borja.
O central Juanan, unha das revelacións esta tempada, e Rivera foron os goleadores. A nota negativa protagonizouna o mozo Sergio Benito, que sufriu unha cotenada do xogador local Ramón e, trasladado ao Hospital San Rafael da Coruña, fóronlle aplicados sete puntos de sutura nunha cella.
O resto de resultados dos partidos de categorías inferiores con representación deportivista foron estes:

Categoría xuvenil
Xuvenil B 3 ? Alondras 0 (División de Honra)
Xuvenil C 8 ? Torre 0 (Liga Local)

Categoría cadete
Santa Mariña 0 ? Cadete A 9 (División de Honra)

Categoría Infantil
Montañeiros 0 ? Infantil A 4 (Liga Galega)

Categoría alevín
Domingo Savio 0 ? Alevín B 8 (Liga Local de fútbol sete)