RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor comeza este martes a preparar a visita do domingo 12 de outubro a La Rosaleda

O Dépor, este luns 6 de outubro con xornada de descanso, comezará este martes 7 de outubro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Málaga CF prevista para este domingo 12 de outubro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) na Rosaleda.

Os resultados da última xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería, manteñen a Os Nosos na primeira posición con 16 puntos, os mesmos que o Real Racing Club.

Antonio Hidalgo disporá de 4 adestramentos matinais no Dépor Training Center e o do sábado 11 vespertino na localidade malagueña de Cártama.

Están fóra os internacionais David Mella, concentrado con España sub-20 no Mundial de Chile; e Lucas Noubi, con Bélxica sub-21 para dúas eliminatorias clasificatorias para o Campionato de Europa sub-21.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 7 de outubro
10:30 h., Dépor Training Center

Mércores 8 de outubro
10:30 h., Dépor Training Center

Xoves 9 de outubro
10:30 h., Dépor Training Center

Venres 10 de outubro
10:30 h., Dépor Training Center

Sábado 11 de outubro
18:00, Cártama

Domingo 12 de outubro
21:00: Málaga CF - Deportivo, en La Rosaleda