RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor prepárase desde esta mañá para "tentar facer o noso xogo" contra o RB Linense

Despois de dous días, onte martes e o luns, de descanso, o Dépor regresou esta mañá aos adestramentos na Cidade Deportiva.

Óscar Cano, após un xogo de posición, xa dispuxo unha primeira tarefa táctica 9 contra 9 de cara ao partido deste domingo 5 de marzo ás 12:00 (InSports.tv) no Estadio Municipal de La Línea de la Concepción fronte ao RB Linense, correspondente á 26ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Antoñito, na sala de prensa, lembra que nos partidos "agora fóra de ABANCA-RIAZOR cada equipo xógase o seu obxectivo. Van dalo todo cun extra de motivación porque vai o Dépor. Son partidos complicados, difíciles. Nós imos tentar facer o noso xogo. Eles tamén teñen a súa forma de xogar e terán as súas cartas para facernos dano".

Cunha serie de partidos de fútbol reducido, de alta intensidade, púxose o punto e final a esta primeira sesión da semana.

Jaime, Svensson e Kuki Zalazar estiveron hoxe con adestramento individualizado supervisado polo readaptador Alejandro Canosa.

Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo ás 10:30 en Abegondo.