Un Deportivo canso e con baixas tras os últimos encontros en Liga e Champions, vén para A Coruña cunha derrota no peto e unha imaxe afastada da ofrecida ultimamente. Os locais marcaron en dúas ocasións por medio de Josico e Álvaro xa no primeiro tempo e o
Songo'ou, Manuel Pablo, Romeu, Naybet, Tristán, Capdevila, Pandiani, Víctor, Donato , Valerón e Hélder foron os escollidos por Javier Irureta para formar no Insular fronte a un inmenso Nacho González, Álvaro, Edu Alonso, Josico, Paqui, Turdó, Samways, Cheirabas, Jorge,
Guayre e Anxo no motivado conxunto de Kresic. Cando os dous equipos apenas se situaron no campo, Josico adiantou aos locais cun tanto de cabeza ao saque dun córner. O gol foi unha inxección de moral para a Unión Deportiva e descolocó aos deportivistas.
O primeiro tempo caracterizouse polo dominio de xogo local, con numerosas ocasións de perigo e con tan só un par de aproximacións do Deportivo á meta defendida por Nacho González, sempre atento, que atallou sen problemas as incursións coruñesas. Xusto antes de finalizar o período os canarios volvían anotar de novo ao saque dun córner pero foi nesta ocasión Álvaro o encargado de asinar o segundo e definitivo tanto canario fronte a un Deportivo sen claridade no ataque.
No segundo período os deportivistas saíron con máis gañas pero os locais non renunciaron en ningún momento ao contragolpe, pondo en aprietos aos branquiazuis. As ocasións do Depor, en botas de Tristán, Víctor ou Pandiani e mesmo de Capdevila chocaron unha e outra vez coa meta local. A entrada de Makaay, Emerson ou Turu Flores -aclamado pola afección local- non alterou o marcador.
Ao final o Deportivo caeu no insular e afronta o parón ligueiro como un merecido descanso tras a tensión dos últimos partidos e con ganas de recuperarse para o tramo final de Liga e os cuartos de UEFA Champiosn League.