No partido estará un delegado federativo, designado polo Comité de Competición. No caso de que ascenda o Club andaluz, está prevista unha manifestación nas rúas de Málaga, con petición do Mundial 82 incluída. Luís Suárez negou que o bando coruñés tivese p
A expectación espertada en Málaga en relación co último partido de Liga en que o Deportivo da Coruña é o rival perigoso e incómodo do Club Deportivo Málaga, é inusitada. A directiva malaguista rebaixou os prezos das localidades mentres que se creou polos medios informativos locais un ambiente de inquietude pola gran transcendencia dos dous puntos en xogo.