RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O persoal do Deportivo e o Juan Canalejo piden á sociedade sensibilización para as donacione

Unha representación do persoal do Deportivo formada por Javier Irureta, Paco Melo, o delegado do club, Juan Anxo Barros Botana, e os futbolistas Luque, Mauro Silva, Fran e Víctor, acudiron esta mañá ao Complexo Hospitalario Juan Canalejo para pedir á soci

O doutor Buitrón xustificou a presenza do Deportivo "porque calquera cousa que digades ten moita influencia na sociedade". Tomou a palabra Mauro Silva, de quen foi a iniciativa de celebrar este acto, e recalcou a necesidade de que todos sexan conscientes da importancia de doar órganos. Pechou a quenda de intervencións Víctor Sánchez, que se declarou doante e que así mesmo destacou o feito de que un órgano pode servir para salvar unha vida.

A continuación reproducimos o texto íntegro do manifesto lido por Javier Irureta no acto:

Queremos render un pequeno pero sentido homenaxe a todas aquelas persoas que cada día salvan vidas, que dan vida a través da morte.

A todas aquelas persoas que nun momento tan dramático como a morte dun ser querido, son capaces de ser solidarios mais alá da dor.

A aqueles que xa en vida expresan a súa vontade de regalar vida a outros seres humanos mais alá da súa morte.

En definitiva a todos aqueles que fan unha aposta decidida pola vida a nosa homenaxe e o noso recoñecemento en nome do Real Club Deportivo da Coruña e o Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.