RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O primeiro equipo, con 24 futbolistas, concéntrase desde mañá ata o venres en Vilalba

O Deportivo inicia mañá luns 7 de agosto a concentración de pretemporada típica de cada verán. Os futbolistas branquiazuis permanecerán concentrados no Hotel Attica 21 de Vilalba ata a mañá do venres 11 de agosto, cando emprenderán viaxe a Tenerife para disputar en La Orotava o último amigable deste verán.

Pepe Mel leva a 24 futbolistas: Przemysław Tytoń, Rubén Martínez, Gerard Valentín, Fernando Navarro, Edu Expósito, Pedro Mosquera, Raúl Albentosa, Borja Valle, Zakaría Bakkali, Alejandro Arribas, Fabian Schär, Bruno Gama, Juanfran Moreno, Luisinho Correia, Emre Çolak, Fede Valverde, Fede Cartabia, Florin Andone, Sidnei Rechel, Guilherme dos Santos, Javier Fernández "Bicho", Celso Borges, Carles Gil y Francis Odinaka. Tan só Juan Domínguez e Saúl continuarán a súa preparación na Cidade Deportiva de Abegondo.

Na citada localidade lucense, os adestramentos no céspede serán no campo da Magdalena, onde disputa os seus partidos o Racing Villalbés.

O plan de viaxe é o seguinte:

Luns 7 de agosto
09:15: Saída do Estadio ABANCA-RIAZOR
10:00: Adestramento en Abegondo
Ao finalizar, traslado en autocar ao Hotel Attica 21 de Vilalba, onde chegarase para comer