RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Xuvenil A, que fallou un penalti con 1-0, cedeu dous puntos ante o Atlético Perines: 1-1

O Xuvenil A cedeu dous puntos ante o Atlético Perines (1-1) en partido correspondente á 2ª xornada na División de Honra disputada no campo 3 de Abegondo baixo unha intensa calor.

Kevin adiantou aos deportivistas no minuto 24 e pouco despois chegou a xogada clave, un penalti errado polos de Manuel Pablo que puido subir o 2-0 e encarrilar o choque.

O que non fallou foi o Atlético Perines, que logrou o empate no 37 e subiu o 1-1 xa definitivo. A partir de aí, sólida defensa visitante que fixeron que os ataques deportivistas non fornecesen efecto.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 4 puntos na zona alta da clasificación.

Xuvenil A: Lemos, Mardones, Manu Berrocal, Carlos, Seydiba, Rubén, Garaboa, Hugo Baldomar, Kevin, Montero e Hugo. Tamén xogaron: Noah, Vilela, Ogando, Pedro e Domínguez.

A próxima semana, o Xuvenil A visita ao CD Marina Sport en Cantabria.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1