RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Os canteiráns Marcos Valín e Juan Domínguez, citados tamén este domingo ás 20.30 en Riazor

O groso do persoal deportivista está citada este domingo 12 de xullo ás 20.30 horas en Riazor. Miguel Ángel Lotina e o seu corpo técnico mantendrán cos xogadores unha pequeña reunión no vestiario e acto seguido to

Así, están citados en principio: Sergio (a expensas de pechar definitivamente a súa renovación), Valerón, Cristian, Adrián López (central), Manuel Pablo, Riki, Lopo, Juan Rodríguez, Mista, Aranzubía, Antonio Tomás, Manu, Juca, Lafita, Pablo Álvarez, Laure, Lassad, Colotto, Bodipo, Filipe, Fabricio, Angulo, Iván Pérez, Marcos Valín e Juan Domínguez.

A partir de aquí, unha serie de futbolistas comezarán máis tarde a pretemporada. Son os seguintes:

Jairo, Rodri, Taborda e Rubén Castro están citados para adestrar o 22 de xullo pola mañá no Mundo do Fútbol.

Ze Castro, o dianteiro Adrián López, Aythami e Alex Bergantiños comezarán os seus adestramentos o 18 de xullo pola mañá. Gardado arrincará un día máis tarde, o 19 de xullo.

Por fin, Omar Bravo, que está a disputar a Copa de Ouro con México, reincorporarase ao traballo en canto finalice o seu equipo nacional a súa participación neste torneo de FIFA.