RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Os DéporCampus Cabreiroá de Nadal 2022 botaron o peche coa participación de máis de 160 rapaces

Hoxe mércores 4 de xaneiro concluíron os DéporCampus Cabreiroá de Nadal 2022, coa clausura da segunda quenda nas instalacións indoor de PadelPlus en Alvedro (Culleredo), que arrancou o pasado luns 2 de xaneiro.

Antes de finalizar o ano, o mércores 28 de decembro, clausuráronse as primeiras quendas nas tres sedes: Alvedro, Sada (campo municipal As Mariñas-Andrés Pena) e Carballo (campo municipal das Eiroas).

No cómputo global das tres sedes e catro quendas participaron máis de 160 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos. Destaca principalmente a sede de Sada, onde se superou de novo a marca de participación, chegando aos 80 rapaces que superaron con fartura o medio centenar da pasada edición.

Os DéporCampus Cabreiroá de Nadal permitiron aos inscritos participar en diferentes actividades lúdicas, todas elas relacionadas co fútbol, baixo a supervisión dos adestradores da canteira do RC Deportivo. A xornada final consistiu, como é tradicional, nunha serie de desafíos técnicos, partidos de competición, entrega de diplomas e o sorteo de agasallos.