RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Peter Eisenman, Premio Internacional das Artes

O prestixioso arquitecto norteamericano Peter Eisenman, autor do proxecto dun novo Estadio de Riazor e da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, foi galardoado recentemente co Premio Internacional das Artes pola Fundación Cristóbal Gabarrón de Va

Eisenman é declarado afeccionado deportivista e, tras quedar encandeado cos caneos de Djalminha e pola localización do Estadio de Riazor, a escasos metros da praia da Coruña, ofreceulle ao presidente do club, Augusto César Lendoiro, un esbozo do que sería, para o norteamericano, "o estadio máis bonito do mundo".

O pasado mes de maio, o Deportivo presentou aos medios de comunicación e aos afeccionados o proxecto dun novo estadio de Riazor deseñado por Peter Eisenman e aínda ten esperanzas, despois de varios meses de espera, ensinalo ao alcalde da Coruña, Francisco Vázquez. Posteriormente, foi o alcalde de Culleredo, Xullo Sancristán, quen ofreceu uns terreos (250.000 metros cadrados) ao Deportivo para construír un novo estadio.