RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Quagliata afirma que "é moi bonito xogar en ABANCA-RIAZOR. Hai unha paixón incrible por este equipo"

Giacomo Quagliata pasouse pola sala de prensa de Abegondo.

O defensor deportivista subliña que é "moi bonito xogar en ABANCA-RIAZOR. Hai unha paixón incrible por este equipo. Durante o día é imposible non ver unha persoa coa camiseta do Dépor. É moi bonito".

Nesta liña, está convencido que "co apoio de #ANOSAFORZA é máis fácil conseguir os obxectivos".

A nivel individual, sostén que "era consciente que no meu posto había competencia. Aos poucos fun traballando. Estou moi contento; e colaborando e axudando para que o equipo poida tamén gañar".

Nesta liña, explica que Antonio Hidalgo lle pide "agresividade non só en fase defensiva, tamén en ataque".

Finalmente, do partido deste sábado 27 de setembro ás 18:30  (Liga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en Ipurúa ante a SD Eibar Quagliata advirte que "seguramente non será un partido fácil porque é un equipo agresivo pero afrontaremos o encontro como unha batalla, como cada fin de semana".