RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Quinta edición do Campus de fútbol basee de Carballo

O Deportivo, o Escolas Luís Calvo, o Bergantiñvos e o Concello de Carballo son os artífices da quinta edición do Campus de fútbol base de Carballo, que se desenvolverá no campo das Eiroas do 4 ao 8 de agosto, de 9.30 a 1

Está dirixido a nenos e nenas entre 5 e 15 anos; e haberá descontos para futbolistas e socios do Escolas Luís Calvo, do Bergantiños e do Deportivo. O profesorado estará integrado por técnicos do Real Club Deportivo.

Entre os obxectivos do Campus están: dar un salto cualitativo na formación deportiva, divertirse en compañía doutros mozos da mesma idade, formarse con adestradores do Dépor e adquirir hábitos de vida saudables.

O prezo será de 80 euros para os futbolistas e socios do Escola Luís Calvo, Bergantiños e Deportivo; e 100 euros para o resto de nenos e nenas.

Máis información aquí.

Podes descargarche aquí a folla de inscrición.