RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Raíña gran ambiente ante a visita do Deportivo

O partido, declarado a beneficio do club Extraordinario é o ambiente ante a visita do Deportivo da Coruña ao Luís Adegas de Monforte. Ademais, o encontro coincide ao domingo seguinte dun partido no que o Lemos se reconciliou coa súa afección, xa que front

A xunta directiva do Lemos acordou declarar o partido Lemos-Deportivo día do club. Débese ter en conta que a economía do club lemista é precaria e o que se recade nesta confrontación pode vir paliar algúns problemas. O Deportivo da Coruña realizará o domingo a súa primeira visita en torneo ligueiro a Monforte.

No local social do Club Lemos recibíronse xa peticións de localidades para este encontro, por parte de numerosas penas da Coruña así como de afeccionados da comarca. De Chantada, Escairón, Sober e tamén da provincia de Ourense ... o Luís Adegas rexistrará o maior abarrote da súa historia.

Polo que respecta ao persoal lemista, comezaron os adestramentos e todos os xogadores atópanse en condicións de saír...fóra de Quico...