RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Real Sociedade 1 - Deportivo 0<br>Derrota en Anoeta

Ao cuarto de hora de partido, Uranga de cabeza adiantaba aos locais en Anoeta tras un gran pase de Garrido. Con ese tanto, o tres puntos e as ilusións deportivistas quedaron no feudo realista. Nin o debut de Xisco, nin as ocasións de Luque, Víctor ou Muni

O Deportivo tentou gañar o partido no primeiro cuarto de hora con vistas a achegarse a Europa, pero nin Munitis, nin Luque puideron acertar en dúas ocasións clarísimas. O tempo xogou en contra dos de Irureta e segundo pasaban os minutos a Real foi crecendo máis e máis con continuos centros e nunha desas xogadas Garrido deixou a Uranga que marcaba o único gol do partido.

Desde este momento, a Real Sociedade fíxose definitivamente co encontro ante un Deportivo que tras o gol mostrouse desconcertado.

Vitoria e puntos para a Real e o Deportivo ve como se lle escapa outra ocasión para continuar na loita polos postos europeos.