RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con vitoria do Orzán SD Sub-21 e derrota do Orzán SD Xuvenil este domingo

Este domingo 12 de outubro xogáronse dous encontros en ANOSACANTEIRA feminina.

O Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) venceu ao Domaio FC (2-4) e ascende á 5ª praza da Tercera Federación; e o Orzán SD Xuvenil de Primera Autonómica non puido co CD Arenteiro (2-1) e queda con 6 puntos na 10ª praza.

A atención da fin de semana estivo na visita do Deportivo ABANCA B ao RC Celta este sábado 11 de outubro na Madroa, en partido correspondente á 6ª xornada en Segunda Federación.

Causou baixa nas Nosas a gardameta internacional Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 para o Mundial de Marrocos que arrinca a próxima semana.

O partido decidiuse cun gol céltico no minuto 93 que castigou en exceso un bo traballo das branquiazuis.

Tamén este sábado 11 xogaron en Liga Galega o Orzán SD Cadete ante o Silva SD (8-0); e a infantís fronte ao Racing de Ferrol (4-4) e AD Cristo Rey (1-1).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
6ª xornada: RC CELTA 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Tercera Federación
4ª xornada: DOMAIO FC 2 - ORZÁN SD SUB-21 4 (Daniela Macedo, Laura Tubío, Claudia Sande e Ángela Cotelo)

Primera Autonómica
4ª xornada: CD ARENTEIRO 2 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Carolina Lago)

Liga Galega cadete
2ª xornada: ORZÁN SD CADETE 8 (Alba García, Carla Miranda, Aldara Ferreira, Lola Freire, Daniela Barbanzán -2- e Marta Moreno -2-) SILVA SD 0

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 2ª xornada: RACING DE FERROL 4 - ORZÁN SD INFANTIL 4 (Inés Neira, Daniela Mingo, Lara Vázquez e María López-Perales)

Grupo 2º, 2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Sasha Abigail) - AD CRISTO REY 1